ESTRENAMOS CIRCUITO!
Por fin e tras moito traballo e mareos de cabeza inaguramos o circuito de motocross en Alfoz na parroquia de Carballido, somos o primeiro Concello da provincia en contar cun circuito de motocross oficial e espero que a xente o sepa agradecer.
Estou especialmente contento xa que foi unha obra promovida dende os seu comezos unicamente polo BNG de Alfoz e o clube de motocross Enduouro.
O camiño foi largo ata o día de cortar a cinta, pero a vista dos resultados non cabe máis que satisfación polo traballo ben feito e continuar na mesma liñas para intentar mellorar as instalacións xa inaguradas.
Lamentablemente dende o concello non se fixo máis que poñer impedimentos para a consecucción deste obxetivo, tan bó para contribuir a enriquer social, deportiva e economicamente o noso concello, e triste ter un alcalde que non fai nada, que neste caso non apoiou absolutamente nada esta iniciativa, máis ben o que fixeron e por impedimentos e logo a hora de sacar a foto é o primeiro en apuntarse, si tristemente este é o alcalde que ten Alfoz.
Creo que o concello e os seus vecños merecen algo mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario