martes, 4 de novembro de 2008

A realidade do polígono industrial de Alfoz é O Valadouro.

Resulta que os concellos de Alfoz e O Valadouro atópanse sin só industrial dende sempre, e decir que non posuímos terreo claramente delimitado para dito fin.
A obra do polígono e unha actuación reclamada nos nosos concellos dende fai moitos anos polo sector empresarial e pola sociedade en xeral, un feito obxetivo e que a ese respecto as persoas que dirixiron os respectivas entes locais durante moitos anos non fixeron nada ó respecto, e algo innegable.
Resulta que as forzas políticas con menos representación a día de hoxe nos nosos concellos tendo en conta a necesidade do polígono, e que o futuro de ambos debe ir da man póñense a traballar para conseguir que O Valadouro e Alfoz teñan polígono industrial.
Para comenzar conseguimos que se inclúa no programa electoral do BNG a Xunta de Galicia e unha vez pasadas as eleccións e formado o goberno poñemonos a traballar para que a promesa fose unha realidade, e camiño deso vai, nos trouxemos a conselleira de vivenda Teresa Táboas ó noso val para que poidera falar co noso empresariado donde confirmou que a necesidade que tanto tempo levamos esperando fose satisfeita se ía convertir nunca realidade.
Si, tamén recoñecer que as fechas que a conselleira deu por aquelas datas non se están a cumplir, pero non se están a cumplir por imprevistos que xurdiron coa rede de suministro eléctrico para o polígono e non porque cambiaran as intencións, e habitual que en obras deste tipo xurdan imprevistos pero dende Xestur e o IGVS continúan a traballar para levar a cabo a consecución do polígono, vanse dando pasos máis grandes do que a xente cre, xa está aprobado o plan de sectorización da primeira fase e Xestur está pendente de que o concello tramite ante medio ambiente o informe necesario para continuar co proceso, que por certo o Psoe está retrasando.
Polo tanto pódese decir e comprovar claramente que o polígono continúa adiante e rematará sendo un realidade, e tamén podemos decir dende o BNG de Alfoz e O Valadouro que esa realidade será grazas ó noso traballo.

Ningún comentario: