martes, 4 de novembro de 2008

Cando sairemos da tempestade

Parece que as teorías do señor Solbes fallan continuamente, ahora dinos que prevén que o crecemento económico repunte no segundo semestre do vindeiro ano anque o seu colega o señor Almunia comisario de economía da UE dí que estiman que iso non se producirá ata 2011, parece que non existe moita comunicación entre estes señores que militan no mesmo partido e ambos teñen grandes responsabilidades en área de economía, precisamente sin mostrar moito acerto na citada tarefa que os ocupa.
O que si está claro e veridicamente probado é que estamos nunca situación totalmente cambiante, o que hoxe é negro maña é branco e cando nos din que é branco pode que en realidade sexa negro, tamén certo e veridicamente probado que a meirande parte dos nosos políticos nos minte ou ofrecen información cando menos engañosas enfocadas os seus interes.
Polo tanto e debido a está situación non nos queda outra e como debera ser na mairande parte das situacións que facer caso ó noso criterio e non ó que nos contan ou tentan vender e múltiples ocasións.
Como xa dicía estamos nunca situación totalmente cambiante, na que todo o mundo que entende di que non entende nada, na que ó tempo que nos amosan prediccións de todo tipo sobre a situación económica, financieira e laboral do estado nos deixan entrever que non teñen moita fiabilidade.
Poise eu, como a cotián, vou facer primar o sentido común e aplicar os meus criterios para facer a previsión de que non sairemos da crise até ó horizonte do 2011.
O estado español levaba un crecemento alto e contínuo dende fai anos superando a media dos nosos veciños europeos pero a diferenza deles a do estado español estaba baseado exclusivamente na construcción. Anque a crise directamente veu producida pola especulación entre as entidades bancarias sobre os valores hipotecarios o crecemento inmobiliario do estado non era sustentabel de ningunha maneira e por riba tamén se produciron una altos niveis de expeculación co valor das vivendas e outros bens inmobiliarios que fixeron rebentar un par de burbullas ó mesmo tempo.
Actualmente a construcción está parada en seco, incluso resulta complicado que se rematen moitas obras que están comezadas, pero non só iso, na actualidade existen no estado máis de 800.000 vivendas construidas e sin vender, temos oferta para cubrir a demanda durante bastante tempo, e decir que a gasolina que fai funcionar o noso motor está agotada.
Tamén resulta evidente que na actual situación económica o estado non vai poder atopar outra fórmula na que sustentar o crecemento, polo tanto para que comecemos a ver a luz ó final do túnel o mercado terá que ir absorverdo todo o que está contruido, e decir, o mercado terá que comprar cando menos gran parte desas 800.000 vivendas, non parecen moitas si o comparamos con 40 millóns de habitantes pero a situación actual non é favorabel a concesión de préstamos para que eso se produza polo cal a espera irá lenta.
E como a gran parte das empresas producían para a construcción tamén están freando en seco, e ahora tristemente, o que estamos a ver e nos espera e multitude de expedientes de regulación de empleo e que os niveis de paro aumenten considerablemente.
As empresas unha vez todo esto pase só voltarán a contratar persoal cando teñan demanda de producto e iso só pasara cando a construcción anque lentamente e con control se poña en marcha.
Ahora precisase tempo, estamos ainda nas primeiras consecencias, moitas empresas comezan ahora a facer despidos, despois terán que estabilizar a súa situación,
logo os mercados terán que coller confianza e da súa man o farán as entidades bancarias poñendo así maior cantidade de diñeiro no mercado, consecuentemente aumentándose o consumo e polo tanto a producción, as empresas precisaran contratar de novo persoal e……..para todo esto precisase perfectamente un par de anos.
Ahora ben, cabe preguntarse cal é o control que o goberno debe ter sobre o estado, fai un par de meses o goberno tiña previsto invertir centos de millóns de euros en obra pública para reactivar a economía, cousa que ben feita podería paliar de certa forma a situación xa que así innumerables empresas non terían que frear a súa producción tan brusca e repentinamente evitándose así moitos despidos e expedientes de regulación.
Pois ben, agora este diñeiro, eses millóns de euros que o goberno ía usar para invertir en obra pública vanse destinar ahora a paliar as perdidas das entidades bancarias, que chamen como o chamen non deixa de ser unha socialización das perdas, así sanearan en maior ou menor medida a economía, principalmente só a das propias entidades. Máis ben é só unha aspirina para o catarro, a partir de ahora poñeranse a bufanda pero poderán igualmente voltar a coller a enfermidade.
Ahora que si o estado ten que curalos tamén debería estar pendente de que non enfermasen, polo tanto non estaría nada mal unha maior intervención do estado en moitas ámbitos e así evitaríamonos innumerables sorpresas ingratas.
Igualmente neste mundo no que quen se fai rico non é o que xera riqueza nin bens productivos senón o que especula co traballo desta xente coa riqueza que xeran outros no estaría nada mal lexislar ate este respecto e así evitaríamonos no futuro que moitas burbuxas estouparan nos nosos fuciños, ahora so cabe traballar para secarnos o antes posibel.

A realidade do polígono industrial de Alfoz é O Valadouro.

Resulta que os concellos de Alfoz e O Valadouro atópanse sin só industrial dende sempre, e decir que non posuímos terreo claramente delimitado para dito fin.
A obra do polígono e unha actuación reclamada nos nosos concellos dende fai moitos anos polo sector empresarial e pola sociedade en xeral, un feito obxetivo e que a ese respecto as persoas que dirixiron os respectivas entes locais durante moitos anos non fixeron nada ó respecto, e algo innegable.
Resulta que as forzas políticas con menos representación a día de hoxe nos nosos concellos tendo en conta a necesidade do polígono, e que o futuro de ambos debe ir da man póñense a traballar para conseguir que O Valadouro e Alfoz teñan polígono industrial.
Para comenzar conseguimos que se inclúa no programa electoral do BNG a Xunta de Galicia e unha vez pasadas as eleccións e formado o goberno poñemonos a traballar para que a promesa fose unha realidade, e camiño deso vai, nos trouxemos a conselleira de vivenda Teresa Táboas ó noso val para que poidera falar co noso empresariado donde confirmou que a necesidade que tanto tempo levamos esperando fose satisfeita se ía convertir nunca realidade.
Si, tamén recoñecer que as fechas que a conselleira deu por aquelas datas non se están a cumplir, pero non se están a cumplir por imprevistos que xurdiron coa rede de suministro eléctrico para o polígono e non porque cambiaran as intencións, e habitual que en obras deste tipo xurdan imprevistos pero dende Xestur e o IGVS continúan a traballar para levar a cabo a consecución do polígono, vanse dando pasos máis grandes do que a xente cre, xa está aprobado o plan de sectorización da primeira fase e Xestur está pendente de que o concello tramite ante medio ambiente o informe necesario para continuar co proceso, que por certo o Psoe está retrasando.
Polo tanto pódese decir e comprovar claramente que o polígono continúa adiante e rematará sendo un realidade, e tamén podemos decir dende o BNG de Alfoz e O Valadouro que esa realidade será grazas ó noso traballo.