luns, 27 de outubro de 2008

CRAK

Atopámonos inmersos nunca crise que ascende a todos os niveis, incluso a onde a xente nin se imaxina ou ainda non se dacatou, a principal proba do futuro incerto que nos espera non é a crise económica senón a quebra do sistema, a maior diferencia desta crise con respecto a outras que se padeceron no pasado e proba manifesta da magnitude da mesma e que ahora o que está en quebra é o propio sistema.
Unha situación que ven denotando síntomas da enfermidade de diferentes formas dende fai aproximadamente un ano e detectandoa con máis precocidade nuns países que en outros, que moitos médicos non detectasen os síntomas do mal non quere dicer que este non existise.
Ahora a realidade é a que temos, unha situación de crise económica, financieira e de recesión a todos os niveis, xa non serve de nada chorar polo que non se fixo, por non decatarnos antes nin por non haber reacionado con maior antelación.
O que si podemos e debemos e esixir na actualidade os nosos dirixentes e que actúen con responsabilidade e tomen as medidas oportunas para porlle solución a situación que nos aborda o antes posibel.
O estado español estaba baseando o seu crecemento exclusivamnte no desenrolo urbanístico, xa dende o goberno do PP, un crecemento que nos últimos anos tan só eran burbuxas de aire que forón rebentando por todo o estado producindo un gran crak inmobiliario e tendo en conta que o crecemento do estado estaba sustentado só niso e xuntandoo cunha crise económica a nivel mundial desenboca na actual situación do estado español.
A burbuxa inmobiliaria foi creando a súa vez unha burbuja económica que se acentuou en moita maior medida no estado español, estado que baseou o seu crecemento exclusivamente no ladrillo, dita burbuxa reventou traendo como consecuencia unha situación de total desconfianza financieira entre as distintas entidades bancarias e trasladándose posterior e directamente os cidadáns, afectando negativamente a nosa relación coas mesmas, deixan de regalar o diñeiro a todo aquel que entraba pola porta e afecta directamente os niveis de consumo existentes tan só fai un ano.
Encontrámonos cun sector industrial cun alto porcentaxe de empresas dedicadas exclusivamente ó sector da contrucción o cal se freou en seco descendendo a súa producción unha media dun 40%-50% , polo tanto sobran moitos empregados nas citadas industrias, de continuar os actuais niveis no descenso da producción un elevadísimo número de empresas encontraranse nuns niveis de producción de fai 10 anos.
Sin continuar adentrándonos na crítica situación actual falemos das medidas que se están a tomar. Todo o mundo recoñece que o sistema económico falla, que está a facer crak, entón debemos preguntarnos todos que é o que están a facer os nosos dirixentes que queren amañar algo que reconocen que non funciona, recoñecese que o sistema fallou tal e como está montado e sin embargo estanse tomando medidas para que continúe funcionado así en lugar de cambiar o sistema de funcionamento, feito que en si mesmo é un grave erro.
Tamén debemos ser conscientes que a principal medida que toma o goberno de esquerdas do estado español e unha gran socialización das perdidas producidas polas consecuencias negativas nas que esta a desembocar o actual sistema capitalista.
Non cabe outra cousa mais que calificar de inadmisible que un goberno co noso diñeiro pague as deudas dos quen tamén usaron o noso diñeiro para enriquecerse e logo nin poidan garantir que esas medidas vaían redundar en beneficio de todos os cidadáns e das pequenas e medianas empresas.
Non cabe máis que decir que resulta gracioso que un goberno socialista tome medidas dun goberno propio de dereitas e que a xente nin se inmute, preguntome eu que ocorrería se a situación fose a contraria, seguramente a xente enchera rúas protestando pola socialización das perdidas.
Aparcando sistemas e demais teorías o que está claro e que a cidadanía quere estabilidade, unha estabilidade que non se consigue deixando o mercado o libre alvedrío, o de todo vale e que o mercado se regula so estase demostrando que xa non vale, o estado debe ter certa intervención no mesmo para poder ter así certo control e garantir a estabilidade antes mencionada.
Finalmente a bolsa, ese sitio onde todo se compra e se vende polo que dicen que vale en lugar de polo que vale realmente, parece que todo xa non vale nada, aí onde se forxaban as grandes fortunas, parece que o diñeiro evapórase, nin Lobatón o atopa, os bancos xa non teñen e os cidadans deben demasiado.
O actuais niveis de endeudamento da sociedade unidos as altas cifras de paro que non farán mais que aumentar a corto e medio prazo tendo en conta a recesión que está a ter o tecido industrial do estado e o alto precio que está a coller o diñeiro que así mesmo freara máis o consumo fará que a situación sexa verdadeiramente difícil de sustentar.